RIBEIRA> Hoxe 15 de maio conmemórase o segundo aniversario do pasamento do xenial artista ribeirense. O concello rendeulle homenaxe depositando unha ofrenda floral ante a escultura do seu fillo predilecto.
Malia que non era o gran acto que estaba previsto, o concello de Ribeira non quixo deixar pasar o segundo aniversario do pasamento de Manuel Ayaso sen renderlle unha homenaxe. Fíxoo cunha ofrenda floral ante o busto do artista na praza do concello á que, ademais das autoridades locais, asistiron representantes do tecido asociativo e amigos e familiares de Ayaso, entre eles a súa filla Mónica.
O concello programara inicialmente un gran acto institucional que tivo que ser adiado polos problemas de saúde da viúva de Manuel Ayaso.Á espera de determinar unha nova data pretenden con esta sinxela homenaxe manter viva a memoria e o legado do seu fillo predilecto.