O PP da Pobra volve demandar unha rebaixa no recibo da contribución

A POBRA> O PP da Pobra volve demandar a rebaixa do Imposto sobre Bens Inmobles. Tras iniciarse o periodo de cobro voluntario, os populares detectaron unha suba con respecto ó pasado ano, o que sitúa ó concello cun dos tributos máis elevados de toda a comarca.

Malia que xa foi aprobada en pleno, ata en tres ocasións, o goberno da Pobra segue sen aplicar unha rebaixa sobre o imposto de bens inmobles. O Partido Popular volveu rexistrar hoxe unha iniciativa solicitando a baixada da contribución que, na actualidade, está entre as máis altas da comarca.

Iniciado hai uns días o período de cobro voluntario, os populares teñen detectado mesmo un leve incremento con respecto ó ano pasado. Por esta razón volven demandar a redución da parte proporcional que corresponde ó concello, especialmente nestes tempos difíciles para moitas familias que se viron afectadas pola crise do covid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí