O candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, promete envorcarse en crear emprego

O Partido Popular presentou a Jacobo Moreira coma o seu candidato ó concello de Pontevedra. Fíxoo nun acto ao que asistiron máis de cincocentas persoas, e no que tamén estivo o presidente da Xunta de Galicia. Na súa alocución, o candidato afirmou que centrará tódolos seus esforzos en crear emprego na cidade.

 

Jacobo Moreira xa é, oficialmente, o candidato do Partido Popular á alcaldía de Pontevedra. Nun acto multitudinario, Moreira estivo arroupado polo presidente do Partido, Alberto Núñez Feijóo,

Núñez Feijóo contrapuxo a seguridade que dí, ofrece o PP, fronte a incógnita de futuros e incertos pactos . Ademais, cargou contra as novas formacións que, segundo acusou, pensan que inventaron a democracia.

Pola súa banda, o candidato falou dunha nova forma de facer política, baseada no diálogo, a transparencia e a participación, tendo claro que á política vénse a servir e non a ser servido. No punto de mira dos problemas da cidade puxo necesidade de crear emprego.

 

Moreira afirmou que o seu interese é levar a Pontevedra ao século XXI.  No acto tamén participaron o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda e o presidente provincial, Rafael Louzán.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/13/moreira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/13/presentacion moreira.mp4{/flowplayer}