O PP reclama un ‘plan integral de reposición dos servizos básicos’ na Caeira polos continuos problemas coa auga

POIO> Un plan integral de reposición dos servizos básicos na Caeira, en Poio. Esta é a reclamación do Partido Popular do municipio. O seu voceiro denuncia que os problemas se repiten e que os veciños sofren continuos cortes, avarías e problemas de presión na rede municipal. A formación sinala que o novo contrato do servizo do subministro de auga municipal, xa caducado, é o instrumento axeitado para solucionar esta situación.

Os problemas coa rede municipal de subministro da auga continúan na urbanización da Caeira, no concello de Poio.

Para o Partido Popular a solución pasa por un plan integral de reposición dos servizos básicos nesta zona. Deixando de lado os parches aos que, aseguran, recorre sempre o concello.

A formación volve sinalar o novo contrato do servizo do subministro de auga municipal como a ferramenta para solucionar esta situación. Denuncian que hai cinco anos que o actual está caducado e que actualmente está na quinta e última prórroga.

Moldes recordou que segundo un informe dos técnicos municipais, máis de 1.500 veciños do concello de Poio non teñen servizo público de abastecemento de auga. Máis de 2.000 se falamos do saneamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí