O PP Provincial ve unha Deputación paralizada e centrada en Vigo

Pontevedra> Críticas dende o PP provincial ao Goberno da Deputación. Dende as filas populares non entenden por qué a Presidenta non quere dar explicacións no pleno sobre a situación da súa cuñada no concello de Vigo. Ademais, tamén fixeron balance destes dous anos de Goberno, dende o PP consideran que a parálise da Deputación é evidente e que Silva debe de cambiar o ritmo e dinamismo na provincia. Os populares foron preguntados sobre o balance que realizan no ecuador do mandato. Nunha análise improvisada dende o PP din se atopan ante unha Deputación paralizada que pouco ou nada fai polos concellos da provincia. Dende as filas do PP convocaron aos medios para informar que a moción do seu grupo na que preguntaban á Presidenta sobre a situación da súa cuñada no concello de Vigo foi denegada. O informe do secretario di claramente que ao pleno da deputación non lle compete dar este tipo de explicacións, pese a isto, dende o PP agardan que a presidenta reflexione e acepte esta moción para o pleno do luns. En relación se tomarían outro tipo de vías para solicitar a comparecencia de Silva, dende o PP dixeron que ían a agardar ao luns ao pleno da Deputación e que a partir de aí actuarán e tomarán a decisión que consideren oportuna.