A Illa despide o Entroido co enterro do Rafael

    rafael_100.jpgA ILLA >  Hoxe moitos concellos galegos xa lle puxeron fin ó Entroido, co enterro de sardiñas, cabras nalgunhas vilas, e todo tipo de animais.

    Porén, en A Illa enterraron hoxe ó cazador Rafael, e é que este ano quixeron facer no mércores de cinza toda unha homenaxe ós animais. A protesta contra a caza, o maltrato ós animais e o uso das súas peles para facer roupa, foi a temática que centrou o mércores de cinza de A Illa.

    O cazador Rafael foi o personaxe co que caracterizaron ó finado que tódolos anos velan no concello. Non era nin un político nin ningún outro personaxe do mundo da farándula ou da cultura. E é que desta vez, quixeron ir máis aló na súa crítica. E como en todo velorio, hoxe non podía faltar en A Illa o cura que oficiase o enterro do Rafael. O párroco, caracterizado por Suso Rial, sempre segue fiel ó enterro do finado, e dende que en A Illa comezaran hai 17anos a organizar esta particular despedida do entroido, el sempre foi a acompañar ó finado e ás viúvas.

    Pero, se por algo se caracterizou tamén o sepelio, foi pola alta cantidade de bágoas que caeron esta tarde por Rafael. A ritmo de gaitas, e con moitas viúvas, despediuse o Entroido illense. Aínda que o mellor viña logo do velorio, co reparto de máis de 400 quilos de pan de millo entre tódolos veciños que este ano acudiron a darlle o seu último adeus ó cazador Rafael.

    Redacción Salnés