Noia presenta uns orzamentos prudentes e implicados co social

    NOIA> O concello de Noia celebrará un pleno extraordinario para aprobar os orzamentos do presente ano. O presuposto ascende a máis de dez millóns de euros dos que destaca o incremento en investimento social. O documento orzamentario que se debaterá en sesión extraordinaria manexa unha previsión de ingresos e gastos por valor de 10.279.000 euros. Unha cifra que, a pesar da fortaleza das arcas municipais de Noia, reflexa a prudencia obrigada nestes tempos de crise nos que se ten rexistrado unha caída das transferencias procedentes doutras administracións. O alcalde destacou especialmente o incremento dos fondos destinados a subvencionar a entidades educativas, organizacións sen ánimo de lucro así como ó programa de emerxencia social. O capítulo de investimentos reais ascende a 1.377.000 euros con obras como a pavimentación da alameda, as melloras no pavillón Rosalía de Castro e no campo de fútbol, ou as actuacións de reforma na contorna das igrexas de Boa e Santa María de Roo. No referente ós ingresos derivadois da recadación tributaria, o executivo destaca a progresión ascendente pero baseada na contención co fin de garantir a estabilidade económica do concello en futuros exercicios. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/orzamentosnoia1603151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/16/orzamentosnoia160315.mp4{/flowplayer}