CAMBADOS> Aumentar o empoderamento a través da fotografía. Con este obxectivo Cambados presenta o obradoiro Namorate de Ti. Un curso de clase sesións destinado a mulleres que busca aumentar a súa autoestima e crear unha rede de amizade entre elas a través da fotografía.
Coñecerse a unha mesa e crecer é posible grazas á fotografía. A experiencia conxunta da animadora sociocultural e educadora Tegra Gómez e a fotógrafa Patricia Maquiera permitiulles crear o obradoiro Namórate de ti. Un curso que axuda a mellorar a autoestima e o empoderamento feminino a través da fotografía.
O obradoiro consta de 4 clases. Nelas, traballase a confianza nunha mesma e no grupo para rematar cada clase cunha sesión fotográfica o máis espidas que desexen.
Cada clase ten unha temática diferente como traballar a autoestima ou conectar coa natureza.
Ao final do curso, as participantes escollen as dúas fotos que máis lle gustan e créase unha exposición. O obradoiro ten 15 prazas e está aberto a todas as mulleres da zona con preferencia das de Cambados. A inscrición faise a través dos mais prensa.cambados@gmail.com ou chamando ao concello.