Educación ampliará as instalacións e a oferta formativa do CIFP Coroso

    RIBEIRA> A Xunta de Galicia investirá preto de setecentos mil euros na ampliación do Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso. O Conselleiro de Educación visitou as instalacións do instituto que se dotará de dous novos talleres que permitirán a posta en marcha dun segundo ciclo. O Centro Integrado de Coroso, en Ribeira, contará para o novo curso con dous novos talleres relacionados coa automoción. A ampliación das instalacións e da oferta formativa será posible grazas ós máis de seiscentos sesenta e cinco mil euros achegados pola Xunta de Galicia. O Conselleiro puxo ó centro ribeirense como exemplo de crecemento xa que nos últimos catro anos ten duplicado o número de alumnos roldando na actualidade os catrocentos matriculados. A intención tanto do centro como das administracións é seguir medrando polo que non se descarta unha futura ampliación a través das instalacións da actual Unidade de Atención á Drogodependencia que nuns meses mudarán de sede.