A Xunta acondiciona a contorna das Lagoas de San Pedro

    PORTO DO SON> O delegado provincial da Xunta na Coruña visitou esta mañá os miradoiros das lagoas de San Pedro en Porto do Son, onde se vén de realizar unha actuación de acondicionamento dos accesos e da peonalización. A Xunta investiu vinte e un mil euros na limpeza e acondicionamento dos camiños que conducen ós miradoiros das lagoas así como á instalación de novas sinais nos accesos ó centro de interpretación. Con esta actuación, o departamento autonómico busca a posta en valor deste conxunto natural de gran riqueza pola súa diversidade ó tempo que fomenta a concienciación sobre a importancia de preservar a natureza, en épocas especialmente sensibles como a que a seca está a provocar na actualidade.