Amplíase a rede da mutualidade para máis de 30.000 futbolistas galegos

SANTIAGO> Desde este domingo, os futbolistas galegos contan con catro hospitais máis nos que recibir atención sanitaria as 24 horas do día. A federación galega de fútbol acadou un acordo coa aseguradora Adeslas polo que se amplía a rede da mutualidade de futbolistas. Agora son seis os centros hospitalarios ós que poden recorrer e 16 clínicas distribuídas por toda Galicia. A Federación Galega de Fútbol vén de acadar un acordo coa aseguradora Adeslas pola que se amplía a rede de mutualidade para os máis de trinta mil futbolistas que na actualidade se benefician dela. Ós dous hospitais privados que xa prestaban cobertura, o Miguel Domínguez de Pontevedra e o Fátima de Vigo, incoporánrose desde este domingo o Quirón da Corula, o Polusa de Lugo, O Carme de Ourense e A Rosaleda de Santiago. Dous meses despois de chegar á presidencia da Federación, Rafael Louzán avanzou que xa dou pasos tamén noutras materias que lle preocupaban, como as obrigas dos clubes con Facenda e a Seguridade Social e voluntarios que realizan labores no eido do fútbol. Apuntou Louzán neste sentido a que xa mantivo encontros coa ministra de Emprego, Fátima Báñez , e a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. No que respecta á nova sede da Federación e o seu posible traslado, o titular da Federación Galega apuntou a que un equipo xurídico está a estudar o procedemento que realizou a directiva saínte para adxudicar as novas instalacións a unha empresa que agora os demanda. Considera ‘indubidable’ que hai que buscar outra sede, pero polo momento agardarán a que se aclare esa situación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/17/FEDERACIONGALEGAFUTBOL.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/17/louzan_federacion_futbol.mp4{/flowplayer}