O Conselleiro de Industria destaca a excelencia da futura praza da Ribeira

    RIBEIRA> O Conselleiro de Industria desprazouse ata Ribeira para visitar as obras do futuro mercado municipal. O responsable autonómico destacou a importancia deste novo servizo non só de cara a mellorar as condicións dos seus usuarios senón como polo de atracción turística pola singularidade do inmoble. As obras do futuro mercado municipal de Ribeira afrontan a súa recta final co obxectivo de facer destas instalacións un lugar de referencia. Precisamente o Conselleiro de Economía e Industria, que esta mañá visitou a futura praza, destacou a súa singularidade como polo de atracción de visitantes que, xunto coa futura lonxa, repercutirá na dinamización turísitca da vila. A Xunta investiu preto de novecentos mil euros nesta instalación, que se integrará na rede de mercados excelentes que vai poñer en marcha a administración autonómica. O alcalde aproveitou a visita do Conselleiro para solicitar futuras inversións nas instalacións que permitirán, a través das últimas innovacións tecnolóxicas, convertido nun dos primeiros mercados intelixentes de Galicia.