O coro Airiños da Casa de Galicia de Nova York actuará no novo auditorio de Ribeira

RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día da Patria Galega cunha actuación do Coro Airiños da Casa Galicia de Nova York. Será ás nove da noite no novo auditorio e estarán acompañados das Cantareiras das Amas de Casa de Ribeira.

Con obxectivo de manter os lazos de irmandade cos galegos emigrados, Ribeira acollerá unha actuación moi especial o día 25 de xullo para celebrar o día da patria galega. O coro Airiños, da Casa de Galicia de Nova York, ofrecerá un concerto ás nove da noite no auditorio.

A actuación contará tamén coas Cantareiras Aires de Dorna da asociación das Amas de Casa que contan cunha longa traxectoria artística.

A entrada será de balde aínda que será preciso retirar invitación unha hora antes do comezo.