Mar e Medio Rural potencian o consumo de produtos galegos a través de ‘Mercaproximidade’

NOIA> Promover unha dieta sa e equilibrada ó tempo que se apoia ó sector primario galego. Estes son os dous piares da campaña que desenvolven as Consellerías de Medio Rural e do Mar en colaboración con diversas cadeas de distribución.

José González e Rosa Quintana, titulares das Consellerías do Medio Rural e do Mar, visitaron o hipermercado Eroski de Noia para promocionar a campaña ‘Mercaproximidade’ que busca potenciar o consumo de produto do noso sector primario. Xunto con Vegalsa-Eroski son un total de dez grupos ós que se adheriron a esta campaña para axudas ós pequenos produtores que tiñan pechadas as súas canles habituais de venda.

Esta campaña nas cadeas de distribución ten o seu complemento nas redes sociais a través dos hashtags #FeirónNaCasa ou #VaidePeixe.

Neste senso, os conselleiros animan á cidadanía a compartir as súas receitas para seguir a promocionar o consumo do mellor da nosta terra e do noso mar.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí