O 80% dos alumnos do obradoiro de hostalería da Mancomunidade atopan traballo

    O GROVE> A Mancomunidade do Salnés despediu hoxe o obradoiro da Escola de Hostalería deste ano. Trátase da oitava edición do curso, que permitiu formar a 23 alumnos en paro para convertelos en profesionais do sector. Segundo o presidente da Mancomunidade, a taxa de inserción laboral deste obradoiro acada o 80%.

     

    Vinte e tres desempregados da comarca deixaron hoxe o Centro Vacacional de A Lanzada máis preparados para afrontar a realidade do mercado laboral. Hoxe recolleron o seu diploma os alumnos do obradoiro de hostalería que dende hai 8 anos organiza a Mancomunidade.

    Durante seis meses, estes veciños da comarca formáronse en operacións básicas de cociña, de restaurante e bar. Habilidades moi valoradas na zona, o que converte este obradoiro nun dos que conta cun maior índice de inserción.

    Para este obradoiro, a Xunta destinou máis de 200.000 euros. Dende a Mancomunidade e o goberno autonómico, xa pensan na vindeira edición.

    Nesta convocatoria, foron 242 alumnos os que se beneficiaron dos 12 obradoiros que se celebraron en toda a provincia, e que contaron cun orzamento de 2,5 millóns de euros. En Galicia, o financiamento acadou os 10 millóns. Para este ano, a Xunta manterá esta cantidade, aínda que destinará 6 millóns de euros a maiores para os menores de 25 anos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/clausura_obradoiro_emprego_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/clausura_obradoiro_emprego_lanzada.mp4{/flowplayer}