Varela comprométese co medio ambiente vilagarcián

    VILAGARCÍA> O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía segue a debullar o seu programa electoral. Alberto Varela presentou hoxe o que son as liñas mestras das súas propostas en materia de medio ambiente. Máis espazos verdes e unha aposta polo desenvolvemento sostible, son as ideas fundamentais.

     

    Para o candidato socialista, o respecto ao medio ambiente debe ser transversal a todas as accións que leve a cabo o goberno local. O desenvolvemento sostible será, segundo Alberto Varela, unha das súas principais apostas de chegar á alcaldía.

    Entre as súas prioridades, está o deseño dun plan director de espazos verdes, establecendo unhas directrices para recuperar e coidar parques, ríos e montes.

    Máis parques e xardíns, máis políticas para fomentar a reciclaxe e novos programas a prol da compostaxe, son outras das ideas de Varela.  Tamén a aposta polo aforro enerxético.

    Alberto Varela buscará, ademais, a adhesión de Vilagarcía á Rede Española de Cidades Intelixentes, converténdoa nunha vila que aposte por unha xestión sostible dos seus recursos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/varela_medio_ambiente.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/19/varela_medio_ambiente.mp4{/flowplayer}