IU esixe o pago por tempo real nos aparcadoiros públicos de Vilagarcía

    VILAGARCÍA > O portavoz de Esquerda Unida en Vilagarcía pedirá ó concello que esixa ós aparcadoiros públicos o cobro por tempo real. En caso de que o goberno municipal non aplique esta medida, Juan Fajardo, insta a veciños e usuarios que exerzan medidas de presión oportunas.

    O grupo municipal de Esquerda Unida de Vilagarcía presentará esta semana no concello unha iniciativa co obxectivo de aplicar a sentencia que obriga ós aparcadoiros públicos da vila a cobrar por tempo real de ocupación. O portavoz deste grupo, Juan Fajardo, considera que o goberno local debe iniciar os procesos oportunos para evitar que se siga abusando dos usuarios con esta práctica, que cualifica de abusiva e fraudulenta.

    Fajardo denuncia que en Vilagarcía hai empresas que teñen gozado de certo trato privilexiado. Fala por exemplo do aparcadoiro do Cavadelo e lembra que se lle permitiu un incremento de tarifas. Tamén se refire ó de Xoán XXIII. Neste caso, di que goza dunha licencia de apertura provisional, cando aínda non aportou a documentación oportuna nin ten interese en reparar os danos producidos pola súa construcción.

    En caso de que o concello non aplique a sentencia, Fajardo insta ós veciños e usuarios a exercer medidas de presión oportunas. Esquerda Unida propón que os conductores cumprimenten unha folla de reclamacións cada vez que se aplique o cobro por hora ou fracción e que a fagan chegar logo á empresa e ó rexistro xeral do concello.

    Redacción Salnés