A CIG sal a rúa a prol dos dereitos dos traballadores

    VILAGARCIA> A CIG saíu unha vez máis a rúa para reclamar a devolución dos dereitos dos traballadores perdidos durante a crise. Esta mañá as portas do INEM de Vilagarcía, o sindicato manifestouse para mostrar a súa repulsa ante esta situación. 

     

    A CIG apostouse esta mañá as portas da oficina do Servizo Público de Emprego de Vilagarcía para protestar pola perda de dereitos dos traballadores, e esixir o seu restablecemento ao ter pasado xa os peores anos da crise. 

    A restitución de salarios en niveis de antes da crise, que a idade de xubilación volva a situarse nos 65 anos ou prestacións para maiores de 52 anos, son só algunhas das peticións que fan dende o sindicato.

    O 17 deste mes o sindicato volverá saír as rúas de Vilagarcía. Nesta ocasión farán un percorrido que se iniciará na Casa do Mar, e rematará na céntrica praza de Galicia. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/manifa_vilagarcia_pensions_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/manifa_vilagarcia_pensions.mp4{/flowplayer}