Ratificada a condena polo asasinato de Outes

    OUTES> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso de apelación presentado por Mirko Santomaggio, acusado de asasinar a un veciño de Outes en 2011. A sala descarta a posibilidade de defensa alegada ante a brutal agresión sufrida pola vítima. Os feitos polos que Mirko Santomaggio foi condenado a dezanove anos de cadea aconteceron o 23 de xuño de 2011. Había poucas semanas que a vítima, José Ramón Rúa, acollera ó mozo italiano na súa casa onde residía a cambio da realización de tarefas domésticas. A raíz dunha discusión, o agresor tirou á vítima ó chan e, aproveitando, a súa situación de indefensión propinoulle varios golpes cun martelo. Tras acabar coa súa vida, trasladou o cadáver a outra casa propiedade da vítima onde tentou agachalo nun pozo que selou con cemento. A policía procedeu á súa detención cando tentaba darse á fuga nun autobús en dirección a Barcelona. Tendo en conta a situación de indefensión da vítima, o tribunal superior de xustiza desestimou o recurso presentado polo acusado alegando defensa. Ratifícase, polo tanto, a condena de dezanove anos de cadea así como o pago das costas xudiciais e a indemnización de cento cincuenta mil euros ós fillos da vítima. A sentenza non é firme polo que cabe a presentación de recurso de casación. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/25/sentenzaasasinatomuros2503151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/25/sentenzaasasinatomuros250315.mp4{/flowplayer}