O executivo rianxeiro asume con fondos propios a mellora do vial do auditorio

    RIANXO> A medida foi tomada ante a falla de resposta ás reiteradas solicitudes formuladas ante Portos de Galicia, ente con competencias nesta zona. Fartos de agardar pola resposta de Portos de Galicia ás reiteradas solicitudes formuladas dende o concello, e vendo o estado de deterioro que presentaba o vial, o executivo rianxeiro decidiu iniciar con urxencia as obras de arranxo deste camiño, na zona portuaria, a carón do auditorio municipal, moi empregado polos veciños. A actuación, a pequena escala, está a ser realizada pola propia brigada de obras municipal, á espera dunha mellora definitiva por parte da Administración con competencias nesta zona.