MODEPEN instala un posto no mercado de Boiro para recadar fondos

BOIRO> Tras tres meses de parón por mor do coronavirus, os pensionistas de MODEPEN volven á carga. Ademais de retomar o seu calendario de mobilizacións montaron nun posto no mercadiño de Boiro para recadar fondos.

Se queren mercar algún produto artesnaal ó tempo que colaboran coa Plataforma en Defensa das Pensións non teñen máis que achegarse ata o mercadiño de Boiro. Al´ñi, os xubilidaos que integran este movemento conta cun punto de venda destinado a recadar fondos para sufragar os gastos derivados das súas actividades.

Dispoñen de artigos artesáns e agasallos típicos da terra: proitos que ata o momento están a ter moi boa acollida.

Ademais da campaña de recadación de fondos, os xubilados teñen previsto retomar o seu calendario de mobilizacións en toda a comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí