Belén do Campo visita as novas instalacións do mercado de Boiro

    BOIRO> A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, visitou xunto co alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, o mercado municipal, para comprobar o resultado das obras levadas a cabo nas instalacións nos últimos meses e que permitiron a creación dun novo espazo cuberto dentro do propio recinto duns cincocentos metros cadrados, que será empregado para diversas actividades. A actuación supuxo un investimento duns setenta mil euros, dos cales o setenta e cinco por cento, foron con cargo a unha subvención da consellería de Economía e Industria. A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, xunto co alcalde, Xoán Xosé Dieste, comprobaron o resultados das obras levadas a cabo nos últimos meses no mercado municipal, que posibilitaron a construción dun novo espazo cuberto dentro da propia praza de abastos, un recinto duns 500 metros cadrados de superficie para dar cabida a diversas actividades. Os traballos consistiron basicamente na demolición de algúns elementos de tabiquería en desuso para obter un espazo diáfano e moderno. Pola súa banda a delegada destacou a importancia desta actuación, que ascendeu a máis de setenta mil euros, e que foi financiada con cargo a unha subvención por parte da consellería de Economía e Industria do 75% do total do investimento. Belén do Campo informou ademais de que en poucas semanas se resolverá a nova orde de axudas destinada ós concellos galegos para impulsar as prazas de abastos, dotada con preto de 3 millóns de euros. Mediante esta convocatoria, os municipios de ata 70.000 habitantes poderán optar a axudas para a modernización dos mercados, apoiándose con actuacións para atraer nova clientela e dinamizar as vendas nas prazas de abastos, así como proxectos de mellora nas rúas contiguas ás mesmas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/delegadaxuntaprazaabastosboiro2603151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/26/delegadaxuntaprazaabastosboiro260315.mp4{/flowplayer}