Barbanza demanda un inicio de curso seguro

RIBEIRA> Un centenar de persoas participaron a última hora da tarde de onte na praza do Concello na concentración convocada por sindicatos e asociacións de pais en demanda dunha volta ó cole segura.

Ribeira foi unha das 24 cidades galegas nas que se celebrou a concentración en demanda dun inicio de curso seguro.  Na mobilización, que se desenvolveu na praza do Concello cumpríndose coas medidas sanitarias impostas pola covid,  tomaron parte un centenar de persoas.  Todas elas mostraron o seu total rexeitamento co protocolo establecido por Educación para a volta as aulas.

Con pancartas nas que se podían ler lemas coma o de ‘Non aos recortes’ ou ‘Máis profesores, menos mamparas’, os asistentes incidían na necesidade de contratar a máis persoal e dispoñer de máis medios, coma únicas solucións para garantir  un regreso seguro ás clases.

Na concentración tamén se criticou a total deixadez e improvisación por parte da consellería de Educación na redacción do protocolo covid para o inicio do curso, descargando toda a responsabilidade enriba da propia comunidade educativa.

Anunciaron tamén que continuarán coas mobilizacións. Segundo eles a única medida de presión efectiva contra a Administración para que se cumpran tódalas súas solicitudes de cara a garantir a seguridade nos centros educativos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí