O pavillón de Bergondo entrará en funcionamento co inicio do curso

NOIA> O novo pavillón de Bergondo entrará en funcionamento ceste curso. As obras da nova infraestrutura xa están rematadas. Dará servizo non só ó colexio Felipe de Castro senón tamén ós clubs e entidades deportivas da zona. Tal e como prevía o concello de Noia, o novo pavillón polideportivo de Bergondo comezará a funcionar co arranque do curso escolar. A empresa adxudicataria vén de presentar as últimas certificación polo que tan só resta a recepción da obra e a súa inauguración oficial. Precisamente, o obxectivo do concello é que se faga un uso compartido do pavillón aínda que nos primeiros meses tan só dará servizo ó colexio Felipe de Castro ata que rematen as obras no estacionamento e na contorna da instalación. Ademais da construción do polideportivo, o concello realizou tamén melloras no antigo ximnasio do centro educativo que seguirá en servizo.