Maceiras disipa as dúbidas sobre a parcela de uso dotacional da Tomada

    POBRA> O alcalde da Pobra saíu ó paso das denuncias do BNG sobre a suposta opacidade no proceso de adxudicación dunha parcela de uso dotacional no polígono da Tomada. Isaac Maceiras aclarou que o procedemento, mediante concurso aberto, foi totalmente legal e cumpriu coas cos requisitos establecidos por SEPES no prego de condicións. As acusacións sobre presunto trato de favor ó presidente de honra do PP da Pobra, Álvaro Viétez, e ó candidato á alcaldía, Manuel Durán, non pasaron desapercibidas para o executivo pobrense que presentaba publicamente o prego de condicións para a adxudicación da parcela no polígono da Tomada. A licenza de obra e a construción dunha gasolineira en solo dotacional rexeuse mediante concurso público, iniciado en outubro de 2012. Os adxudicatarios deberon ademais aboar o importe de 173 mil euros establecido no prego para a adquisición do terreo. Tras presentar a documentación, o alcalde acusou ó BNG de mentir co obxectivo de manipular á opinión pública con claros fins electoralistas. De feito, insiste Maceiras, en que non solicitaron ningunha información en secretaria para coñecer os detalles do proceso que, reiterou, se axusta perfectamente á legalidade. O rexedor pobrense presentou tamén o informe xurídico elaborado polo secretario municipal que avala a legalidade do sistema de control de velocidade mediante radar. O documento establece que tanto a contratación do servizo como o procedemento sancionado, cumpren coa lexislación pretinente polo que se manteñen as multas notificadas ós veciños. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/maceirasacordospleno2703151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/maceirasacordospleno270315.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí