A Pobra prepárase para un novo ‘Destápate’ esta Semana Santa

    POBRA> Na iniciativa, que se desenvolverá do dous ó cinco de abril, tomarán parte ó redor duns vinte establecementos hostaleiros. Por sexto ano consecutivo, nos primeiros anos a organización correu a cargo do concello, que posteriormente lle trasladou a organización da cita a patronal local, desenvolverase a ruta de tapas ‘Destápate’. A cita desenvolverase durante a Semana Santa, do dous ó cinco de abril, ámbolos días inclusive, e nela tomarán parte ó redor duns vinte establecementos hostaleiros, que durante eses días sorprenderán ós seus clientes cunha elaborada tapa. O prezo das tapas oscilarán entre o euro e medio e os dous euros. Ademais os clientes que participen na iniciativa poderán optar a importantes premios ó cumprimentar unha cartilla co selo dos locais polos que pasen e que lles permitirá optar a sorteos de vales de compra por valor de cincocentos euros. Como en anos anteriores, a organización agarda contar con gran número de participantes dada a gran calidade das tapas a concurso.