O Grove da un paso máis no saneamento cunha depuradora para 40.000 persoas

    O GROVE> Xa está funcionando a nova depuradora de O Grove. Esta mañá, a conselleira de medio ambiente e infraestruturas visitou a instalación, preparada para dar servizo a 40 mil persoas. As obras supuxeron a construción dunha nova EDAR, que contou cun orzamento de 6,8 millóns de euros.

     

    As autoridades celebraron hoxe sobre o terreo a posta en servizo da nova EDAR de O Grove. As obras supuxeron a construción dunha depuradora, unha rede de colectores de máis de 2.000 metros de lonxitude e novos bombeos en Porto e Terra de Porto.

    O alcalde da vila tamén tivo palabras de agradecemento. Segundo Miguel Pérez, con esta instalación O Grove é máis seguro e eficaz.

    Pero con esta EDAR non rematan as aspiracións de O Grove en materia de saneamento.

    Para a construción da nova depuradora, a consellería destinou un investimento de 6,8 millóns de euros. Ethel Vázquez incluíu esta actuación no plan da Xunta para mellorar a calidade das augas das rías, e apuntou que dende o 2009 o executivo mobilizou máis de 57 millóns de euros para o saneamento da ría de Arousa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/ethel_vazquez_depuradora_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/27/ethel_vazquez_depuradora_grove.mp4{/flowplayer}