Feijoo avanza en Ribadumia o Plan Estratéxico da Conserva

    RIBADUMIA> Numerosos rostros políticos déronse cita, este venres, en Ribadumia. O motivo a inauguración das instalacións da conserveira La Brújula. No medio da súa intervención ante os medios o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo anunciou que nas vindeiras semanas Galicia terá un Plan Estratéxico da Conserva. Conservas La Brújula, ese é o nome da empresa que inaugurou a súas instalacións en Ribadumia coa asistencia de persoeiros da talla do presidente da Xunta de Galicia, a conselleira do Mar ou o delegado da Xunta en Pontevedra. Despois dunha visita guiada polas instalacións nas que os presentes puideron comprobar de primeira man o traballo que desenrolan os 40 empregados da compañía en Ribadumia, Feijoo destacou os esforzos da Xunta de Galicia para que o sector da conserva non se vise moi afectado nos peores anos da crise. Neste punto presidente aproveitou a ocasión para adiantar que nas vindeiras semanas Galicia terá un Plan Estratéxico da Conserva, que permitirá ao sector “continuar avanzando cara o futuro”. Seguindo o presidente este plan tratará de adaptar o sector e modernizalo, un aspecto que segundo sinalou Feijoo vese materializado nas instalacións de esta compañía con sede en Ribadumia. Conservas La Brújula pertence ao Grupo Delgado, que leva máis de 50 anos creando experiencias gourmet. Na actualidade este grupo está presente nos cinco continentes, e con presenza en Galicia dende hai 20 anos.