Varela supera os cincuenta días de goberno sen conseguir aprobar os salarios

    VILAGARCÍA> Cincuenta e un días de goberno leva xa a actual corporación de Vilagarcía, tempo no que, porén, non conseguiron aínda aprobar os salarios do alcalde e dos concelleiros liberados. En dous plenos a cuestión foi na orde do día, pero Alberto Varela non conseguiu o apoio da oposición para levalos adiante. A pesares deste bloqueo, a situación non preocupa aos veciños.

     

    Ás portas dos dous meses de goberno, o alcalde de Vilagarcía aínda non conseguiu que a corporación aprobe o seu salario nin as liberacións municipais.

    Cun goberno en minoría, Alberto Varela intentou levar a cuestión a pleno en dúas ocasións, pero en ningún dos casos conseguiu os apoios suficientes dos catro partidos da oposición para sacalo adiante.

    A pé de rúa, os veciños non están preocupados por esta situación. O que interesa, aseguran, é que se siga traballando para a vila.

    Mentres, os partidos continúan intercambiando acusacións. Uns e outros sinálanse como os responsables deste bloqueo, ante a falta de vontade de negociación. Agora Alberto Varela traballa para conseguir un gran pacto que evite que esta situación volva darse no concello, fixando a porcentaxe dos orzamentos destinada a soldos e liberacións, que permita que estas cuestións queden establecidas de antemán. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/03/enquisa_salarios_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/03/enquisa_salarios_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí