VILAGARCÍA> Santa Rita 2026 en Vilagarcía. As festas prolongaranse do 21 ao 24 de maio. Verbenas, a Feira Celta, actividades para a rapazada e propostas deportivas compoñen a programación deste ano. Na parte musical destaca unha homenaxe a Alejandro Sanz da man de Fran Valenzuela e as actuacións das orquestras Kubo ou Capitol.
Un dos momentos máis agardados do ano en Vilagarcía é Santa Rita. O concello desvelou este martes a programación deste ano, que se prolongará do 21 ao 24 de maio. Uns festexos que marcan o punto de partida no calendario de eventos na cidade.
Na parte musical, ademais de pasarrúas, haberá verbenas con orquestras como Kubo e Capitol. Tamén un concerto homenaxe a Alejandro Sanz, con Fran Valenzuela. Será o sábado 23 no parque da Xunqueira.
Tampouco faltará outro clásico de Santa Rita, a Feira Celta. Todo mesturado con propostas deportivas e tamén culturais, con propostas para a rapazada que se inclúen tamén dentro das Letras Galegas, en especial, o sábado.
Outra proposta que se inclúe nesta programación é a actuación dos Barbitúricos o domingo no barrio do Piñeiriño, que forma parte do ciclo de concertos matutinos do Ágora Vermú.









