O alcalde de Poio pide axuda para arranxa-los desperfectos das riadas

    louzansobral_100_021106.jpgPONTEVEDRA > O alcalde de Poio pediu a colaboración da Deputación de Pontevedra para palia-los efectos do temporal nas estradas.

    O alcalde de Poio, Luciano Sobral, pediulle axuda á Deputación para soluciona-los desperfectos causados polo temporal de vento e chuvia de outubro. En concreto solicitou a colaboración da entidade provincial para repara-los viais afectados, entre eles unha pista entre o Sartal e a Escusa, varios camiños municipais e tres pontes pequenas que quedaron afectadas polas riadas.

    Por outra banda, Louzán e Sobral falaron sobre as obras na estrada de Lourido que executan ambas entidades e que se retrasaron para canaliza-los servizos de telefonía e electricidade, que non estaban previstas inicialmente. Non obstante, os dous coincidiron na necesidade de darlle un pulo a esta actuación para poder poñer canto antes as beirarrúas.

    Do mesmo xeito, o presidente da Deputación ratificou o seu compromiso de dotar de céspede artificial ó campo de fútbol da Seca, unha actuación que se fará en canto sexa posible.

    Redacción Salnés