![]()
POIO> O equipo poiés Sete Racing prepara xa a temporada que ven con máis ilusión e optimismo que nunca. Co piloto Sete Fernández á cabeza afrontarán o Campionato Galego de Enduro e o de Portugal de Velocidade.
{flowplayer}images/salnes/seteracing_261109.flv{/flowplayer}
Dende os oito anos leva subido ás motos e con trinta chégalle agora unha boa oportunidade para reivindicarse. Xunto ó equipo Sete Racing, Sete Fernández está a facer un duro traballo de pretemporada para chegar o mellor posible as primeiras carreiras, no mes de febreiro. O reto este ano é dobre xa que afrontarán o Campionato Galego de Enduro, por unha banda, e pola outra o Campionato Portugués de Velocidade, en 600cc. Un todoterreo que adapta a súa pilotaxe a dous escenarios ben diferentes.
No seu currículum aparecen entre outras victorias o autonómico de Enduro ou o subcampionato portugués de 2008. O ano pasado as súas aspiracións víronse mermadas pola falta dunha moto de calidade. Esta temporada o proxecto é máis serio e agardan poder estar entre os primeiros, dispoñendo de máis axudas para ser altamente competitivos.
Do que se queixa o piloto poiés é da falta de circuitos no norte de España que impiden, por exemplo, facer un campionato galego de velocidade.
Oito persoas forman o equipo Sete Racing. Agora tócalles traballar duro durante os vindeiros dous meses para a posta a punto das motos e para tratar de acadar sponsors que crean nun proxecto tan ambicioso como serio.
Redacción Salnés








