O PSOE propón ter en conta as condicións laborais á hora de contratar unha empresa

    VILAGARCÍA> Que o concello de Vilagarcía priorice nas contratacións ás empresas que melloren as condicións dos convenios colectivos e do estatuto dos traballadores para os seus empregados, é a intención do Partido Socialista. O alcaldable Alberto Varela inclúe esta proposta no seu programa, no que recupera outra medida levada a pleno polo grupo municipal: a retirada das contas do concello dos bancos que executen desafiuzamentos en Vilagarcía.

     

    O PSOE de Vilagarcía aposta por incluír unha cláusula social nas contratacións do concello. Neste epígrafe obrigaríase ás empresas a manter os postos de traballo e as condicións dos seus traballadores.  As compañías que melloren as contempladas nos convenios colectivos e no Estatuto dos Traballadores serán, ademais, máis valoradas nas contratacións.

    Estas medidas están incluídas no programa do candidato socialista á alcaldía. Propostas entre as que recupera outra que xa levara a pleno o grupo municipal: retirar as contas do concello dos bancos que executen desafiuzamentos na vila.

    Alberto Varela fixo estes anuncios durante a visita do autobús de campaña do Partido Socialista, que está a percorrer as principais cidades de España. Segundo explicaron dende a formación, significa a inclusión de Vilagarcía no Plan de Grandes Cidades do Partido.

    Coa chegada do autobús arranca de xeito simbólico a precampaña, pero Varela e o seu equipo xa levan meses traballando con diferentes colectivos da vila. De feitos, os vindeiros venres e sábado manterán encontros con asociacións veciñais e con membros do sector cultural, respectivamente.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/08/autobus_psoe_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/08/autobus_psoe_villa.mp4{/flowplayer}