José María Rial dirixirá ó Céltiga a vindeira temporada

rial250_030610.jpgSALNÉS> O adestrador de Cangas asinou polo conxunto da Illa tan só catro días despois de deixar ó Portonovo.

No Céltiga xa contan con novo adestrador, o que tratará de devolver ó equipo á Terceira o vindeiro ano. José María Rial, que hai catro días anunciaba a súa marcha do Portonovo, recalará na Illa despois de alcanzar onte un acordo coa directiva que preside Manuel Martiñán.

Os números de Rial nas últimas temporadas foron os seus máximos valedores nesta fichaxe. Ademais de acadar o ascenso co Portonovo este ano, anteriormente co Cruceiro foi quen de situalo na quinta praza dúas temporadas consecutivas.

A súa gran experiencia e o seu coñecemento dunha categoría tan complexa como a Preferente foron as razóns perfectas para a súa contratación.

A directiva do Céltiga confía agora en que José María Rial devolva ó club á cateogría que merece.

Redacción Salnés