O modelo de Pontevedra supera o Atlántico e conquista a Nova York

PONTEVEDRA> Nova York recoñece o modelo de cidade de Pontevedra. O novo premio internacional chega á cidade do Lérez dende o outro lado do Atlántico da man dunha oenegué creada polo excalcalde da urbe estadounidense, Michael Bloomberg. Co galardón, a organización quere recoñecer o deseño pontevedrés por promover hábitos de vida saudables.

 

O último premio ao modelo de cidade de Pontevedra chegaralle, nin máis nin menos, que de Nova York. Unha oenegué creada polo exalcalde da urbe ven de escoller o proxecto pontevedrés pola súa promoción dos hábitos de vida saudables.

O Centro para o Deseño Activo promove o uso de solucións do plantexamento urbano e arquitectónico para reducir o risco de obesidade e enfermidades crónicas.  Pontevedra foi escollida entre trinta finalistas que pasaron a preselección final. En total, foron seis os premiados, pero o modelo pontevedrés é o único que se recoñece de xeito integral.

Esta conquista alén do Atlántico é tamén a primeira incursión da aposta pontevedresa no mundo anglosaxón.

Con este novo recoñecemento no seu haber, o alcalde non puido ocultar o seu orgullo.

Mosquera tamén adiantou o interese do Centro en manter unha liña aberta de colaboración con Pontevedra. A entrega do galardón celebrarase o vindeiro 11 de maio na Gran Mazá.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/09/premio_cidade_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/09/premio_cidade_pontevedra.mp4{/flowplayer}