Fonda renovación na candidatura do PP de Noia

    NOIA> A lista coa que os populares pretenden acceder á alcaldía presenta un cambio do 80% entre os seus dez primeiros nomes con respecto á candidatura anterior. O candidato do Partido Popular á alcaldía noiesa, Santiago Freire, elixiu un lugar emblemático, a zona de Abruñeiras, en pleno paseo marítimo, coa ponte atirantada da variante e a propia ría ó fondo, para dar a coñecer de xeito oficial a lista cos nomes das persoas que integrarán a candidatura popular para os próximos comicios municipais do 24 de maio. O acto serviu ademais para facer a típica foto de familia con tódolos integrantes desa candidatura, na que destaca por riba de todo a profunda renovación, fundamentalmente nos dez primeiros postos. De número dous irá Julio Bustelo, actual portavoz do grupo municipal. séguenlle por esta orde Mariola López, Saturnino Balderrábano, Ana García, e o deputado autonómico Ramón Santos. Martín Fernández, Ángela Neri, Juan Ramón González e Beatriz Rosende cmpletan os dez primeiros postos da lista.