O PP considera que a compra do inmoble dos Ferreiros é un “capricho de Lores”

Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra visitou esta mañá as instalacións das oficinas do antigo edificio do Banco de España. Jacobo Moreira considera que a compra, por un valor de 1,2 millóns de euros do edifico na rúa dos Ferreiros, é un capricho de Lores. O líder do PP cree que Pontevedra conta con espazos máis adecuados para albergar os servizos de xestión tributaria, como os que visitou esta mañá na compaña de responsables da empresa SEGISPA. Dende o PP quixeron amosar aos medios, xunto con responsables da inmobiliaria SEGISPA, as oficinas do antigo Banco de España co fin de dar a coñecer un espazo, segundo os populares, idóneo para os servizos de xestión tributaria do concello. Dende o PP cren que en Pontevedra débese tender a un edifico único no que se integren todas as dependencias municipais. E como mellor opción, os popualres cren que estas oficinas de 1112 metros cadrados serían idóneas. Unhas oficinas que soamente se poder alugar, non comprar, soamente o poden facer administración públicas e terían un custe anual de preto de 120 mil euros. Con todo, dende o PP cren que sería a mellor opción.