A actuación dos veciños frustra o atraco a unha libraría en Eduardo Pondal

PONTEVEDRA> Un policía xubilado impediu un atraco nunca coñecida libraría de Pontevedra. Todo ocorría na tarde do luns cando un home entraba no establecemento e ameazaba cun coitelo a dona do local para que lle dese o diñeiro. Un veciño, ao decatarse do que estaba ocorrendo, foi pedir axuda ao bar do lado, coa sorte de que alí estaba un antigo axente. O delincuente viuse acurralado e foi detido de inmediato.

Esta libraría situada na rúa Eduardo Pondal foi asaltada o luns pola tarde por un home duns 50 anos que ameazou a dona do local para que lle dese o diñeiro da caixa. O asaltante saltou o mostrador cun coitelo de cociña de máis de 25 centímetros.

Durante o atraco un veciño entrou na libraría e viu ó asaltante polo que, de inmediato, foi pedir axuda. Todos os que estaban no hotel-restaurante do baixo lindeiro foron correndo para impedir que o home escapase. Entre eles estaba un ex-axente da policía.

O delincuente non opuxo resistencia e deixou alí mesmo todo o diñeiro que collera, en total, arredor de 500 euros.

O asaltante, veciño de Vilagarcía, era un coñecido da policía xa que fai só uns días prendeu lume a tres vehículos nos arredores da rúa María Victoria Moreno. Ademais, a dona do local asegurou que o home dixo que o facía porque quería ir ao cárcere.

Un gran susto para Adela que, por sorte, rematou cun bo desenlace.