O IES Vilalonga rexeita a agresión sufrida por un profesor por parte do pai dun alumno

SANXENXO> A repulsa contra a agresión sufrida por un profesor do Instituto de Vilalonga, en Sanxenxo, concentrou esta mañá á comunidade educativa do centro. Segundo a propia vítima, o pai dun ex alumno agrediuno, ameazouno e insultouno nas inmediacións do instituto. Os feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil.

 

A comunidade educativa do Instituto de Vilalonga concentrouse esta mañá para demostrar a súa repulsa e unión pola agresión sufrida por un dos seus profesores cando saía do centro.

Despois, chegaron os insultos e as ameazas.

Cando marcharon, o profesor informou á dirección do centro e foi ao médico para pedir un parte de agresións. Con todo, presentou a denuncia ante a Garda Civil. 

Asegura que o fillo do seu agresor xa foi un rapaz conflitivo no instituto, pero dende dirección apuntan a que estes episodios non son habituais no centro.

Esta mañá, os profesores convocaron un claustro para facer unha fronte común ao lado do seu compañeiro, e expresaron a súa total repulsa contra a violencia.

Que a denuncia do profesor siga adiante depende agora do Xulgado de Cambados, que terá que decidir se a admite e chamar a declarar aos implicados.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/24/concentracion_ies_vilalonga.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/24/concentracion_ies_vilalonga.mp4{/flowplayer}