O PSOE de Boiro denuncia a falla de planificación en materia de turismo

    BOIRO> O PSOE de Boiro critica as políticas en materia de turismo desenvolvidas polo goberno local. Segundo os socialistas, os areais non estiveron acondicionados para recibir visitantes na Semana Santa. Malia que o concello si realizou intervencións en varios areais e paseos marítimos do municipio, o PSOE bota en falla o acondicionamento de zonas de gran atractivo turístico como Carragueiros ou Mañóns. Os socialistas atribúen esta situación á falla de previsión do goberno que non garantiu os servizos necesarios para contar cun turismo de calidade. denuncian que a oficina de turismo permaneceu pechada polas tardes durante a Semana Santa . Ante estes feitos, solicitan ó executivo a elaboración dun plan de turismo ó abeiro da Mancomunidade Arousa Norte así como que se inicie a tramitación do expediente de concello de interese turístico ante a Xunta de Galicia.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí