O BNG do Son propón unha alternativa para a contorna da gardería

    PORTO DO SON> O BNG de Porto do Son volveu votar en contrada modificación de crédito para o acondicionamento da contorna da gardería. Alegan, os nacionalistas, que non están en contra da actuación pero propoñen un proxecto alternativo que integre novas disciplinas educativas no entorno da escola infantil. Por cuarta vez, o executivo sonense levou ó pleno a modificación de crédito para a contorna da gardería. No expediente inclúese unha partida de cen mil euros, subvencionada pola Deputación para a urbanización do entorno, así como unha achega da Xunta, próxima ós douscentos mil, para equipamento da ludoteca. Sen embargo, a proposta do executivo volveuse topar coa negativa do BNG que, se ben apoia a posta en marcha da escola infantil, propón un proxecto alternativo para as súas inmediacións. Ademais da integración destas disciplinas educativas, consideran preciso habilitar novas prazas de aparcamento na zona para facilitar ós pais o estacionamento cando deixen ós nenos nas novas instalacións. Pola súa banda, dende o executivo non entenden a postura dos nacionalistas e tachan de escusas os argumentos esgrimidos pola oposición para votar en contra. Temen que esta actitude que cualifican de irresponsable acabe por demorar as obras da gardería que debería estar en marcha para o próximo curso.