NOIA> A vila de Noia volverá acoller os días 4 e 5 de xullo unha nova edición do Congreso Internacional de Odontoloxía organizado polo Consello Galego de Odontoloxía.
A cita desenvolverase nas instalacións do Liceo e nela tomarán parte destacados profesionais chegados dende diferentes países.
Dende o Concello destacaron a importancia de poder acoller este tipo de Congresos de talla internacional
Toda a información sobre o programa e a propia inscrición está xa dispoñible a través da web: www.endogal.es.











