O alcalde de Caldas decidirá o venres se concorre cunha candidatura independente

    CALDAS> O PSdeG pide tranquilidade ao alcalde de Caldas. A formación comunicou onte a Juan Manuel Rey que apraza calquera decisión sobre o seu futuro a coñecer o pronunciamento da Audiencia Provincial sobre o recurso presentado a semana pasada. Porén, Rey tamén manexa os seus propios prazos: este venres decidirá se presenta, ou non, unha candidatura independente. O período para presentala remata o luns 20.

     

    A conta atrás para o alcalde de Caldas empezou esta semana o seu último treito. O vindeiro luns remata o prazo para rexistrar as candidaturas, pero onte o PSdeG seguía sen mover ficha.

    Pero non hai prazos para que a Audiencia se pronuncie sobre o recurso presentado o pasado xoves por Juan Manuel Rey. Por iso, o alcalde xa ten todo preparado por se tivera que recorrer á candidatura independente para concorrer ás vindeiras eleccións.

    Nin o PSdeG nin a Audiencia manexan prazos. Si o fai Juan Manuel Rey: este venres decidirán se presentan a candidatura independente. As listas están feitas, só falta determinar baixo que siglas optarán á alcaldía.

    Así as cousas, Rey négase a desbotar a opción de intentar revalidar a alcaldía de Caldas baixo as siglas do PSdeG.

    Juan Manuel Rey tamén valora a posibilidade de presentar unha querela contra a titular do xulgado número 1, por un suposto delito de prevaricación xudicial.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/14/alcalde_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/14/alcalde_caldas.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí