Vilaxoán estrea a súa ruta turística mariñeira coa instalación de cinco paneis informativos

VILAXOÁN> Vilagarcía presenta a ruta mariñeira por Vilaxoán. O concello instalou 5 carteis ao longo dos 6 quilómetros da costa vilaxoanesa para informar dos puntos de interese e históricos máis importantes da vila. Os paneis contan cun código Qr que permitirá ver, a través da tecnoloxía 360, determinadas zonas de Vilaxoán.

Vilaxoán xa conta co súa ruta turística mariñeira. Un tramo que permite a Vilagarcía unir os tres núcleos costeiros do concello nunha ruta mariñeira de 14 quilómetros.

A ruta turística mariñeira estará composta por 5 paneis: No paseo de Canelas, na praia canina, no parque de Dona Concha, na praia do Preguntoiro e enseada do Rial. Cada panel informa sobre os lugares máis destacados así como a historia da zona.

Os paneis veñen cun código Qr que permitirá ver nos dispositivos dixitais as zonas máis destacadas de Vilaxoán en 360 grados.

Os paneis xa están dispoñibles pero os códigos Qr entrarán en funcionamento nas vindeiras datas. Con este novo tramo, Vilagarcía xa ten unido todo o seu litoral costeiro nunha ruta turística mariñeira. O seguinte paso será unila con sendas peonís onde quedan pendentes os tramos da Enseada do Rial e de Bamio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí