Lores non descarta gobernar en minoría ‘se son a lista máis votada’

PONTEVEDRA> O Bloque Nacionalista Galego de Pontevedra converteuse esta mañá na primeira formación do municipio en presentar a súa lista ás municipais na Xunta Electoral. Arranca así a maquinaria de cara ós vindeiros comicios. E o acto inaugural: o venres, cunha cea á que está prevista a asistencia de máis de dúas mil persoas. O modelo de cidade será a bandeira que guíe o seu programa. Cunha lista na que repiten concelleiros da actual corporación, na que se atopan caras novas, e na que aparecen representadas tódalas parroquias do municipio, Miguel Anxo Fernández Lores ata os últimos cabos para mergullarse na campaña electoral para revalidar a alcaldía. Asegura que está dispostos a gobernar en minoría, aínda que sempre defendeu os pactos. Non se preocupa por mirar contra os contrincantes. Di que o BNG centrará a súa mensaxe nos cidadáns. A estas eleccións presentarán un programa marcado polo modelo de cidade que veñen construíndo e que tantos premios lle está a valer a Pontevedra. Afondar na calidade de vida urbana e do medio rural. Esta mañá presentaban ante a xunta electoral a candidatura coa que concorrerán ós comicios. Un primeiro paso que terá a súa escenificación este venres no Recinto Feiral. Celebrarán a tradicional cea coa que dan saída á carreira cara as eleccións. Un evento que este ano está superando previsións e a afluencia de anos anteriores. Van máis de dúas mil persoas inscritas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/15/lores150415.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/15/BNG_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}