Feijoo apunta á posible continuidade de Ence na ría de Pontevedra

Esta mañá o presidente do goberno galego apelou á taxa de desemprego da cidade de Pontevedra, a máis elevada de Galicia dixo Alberto Núñez Feijoo, e á potenciación do sector forestal para facer o primeiro chisco claro do PP para manter a papeleira en Lourizán máis alá do 2018, ano no que expira a concesión da empresa. Xa hai dúas semanas o candidato popular á alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, se manifestaba a favor de manter a Ence na cidade pero o declarado hoxe polo titular da Xunta supón un viro no debate. Feijoo botou en cara ó parlamentario nacionalistas Francisco Jorquera querer pechar a industria forestal en Galicia, xa que Ence supón, segundo o presidente galego, o 13 por cento do produto interior bruto da cidade. Unha cidade, segundo Feijoo, na que a pasteira supón un motor de emprego, e pechala, suporía ‘unha catástrofe’.