Gonzalo Durán condeado por referirse a Carmela Silva como ‘chacha para todo de Abel Caballero’

VILANOVA> Gonzalo Durán condenado como autor dun delito leve de falta de respecto e consideración. A sentencia falla en contra do alcalde vilanovés por referirse á presidenta da Deputación de Pontevedra como ‘chacha para todo de Abel Caballero’. A resolución impón unha multa de 360 euros.

Por estas palabras, o xulgado de instrución número 3 de Pontevedra condena a Gonzalo Durán por un delito leve de falta de respecto e de inxuria contra Carmela Silva. O vídeo data de outubro de 2018, nunha rolda de prensa na que o rexedor vilanovés quería denunciar as actuación que estaba levando a cabo a Deputación de Pontevedra. As verbas non gustaron á presidenta da Deputación nin a todo o Partido Socialista. Carmila Silva denunciou ao rexedor vilanovés e o xulgado de instrución número 3 de Pontevedra fallou ao seu favor.

O auto condena a Gonzalo Durán como autor dun delito leve de falta de respecto o menosprezo cara a o principio de autoridade representado na presidenta da Deputación de Pontevedra, excedendo o exercicio fundamental de liberdade de expresión. A sentenza impón ao alcalde vilanovés unha multa de 360 euros, a pagar durante un mes cunha cota diaria de 12 euros. A resolución tamén advirte a Durán, de que se non paga, exponse a un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. A sentenza non e firme e Gonzalo Durán aínda pode interpor un recurso de apelación no xulgado.