Novo golpe ós furtivos en Arousa Norte

    BOIRO> Os Axentes do servizo de Gardacostas, en colaboración coa Policía Autonómica, realizaron un novo operativo que se saldou coa identificación dun total de 16 persoas. A actuación desenvolveuse nas concesións da confraría de Cabo de Cruz, concretamente no Chazo, na Revolta e en Mañóns. Os axentes lograron comisar uns corenta quilos de ameixa babosa cuxo prezo estimado no mercado podería rondar os setecentos euros. No operativo tamén se interviron oito angazos e unha navalla.