A Pobra promove unha campaña de castración de animais

    POBRA> O concello de Pobra, en colaboración coa Protectora Moura e o colectivo Vox Ánima, leva a cabo unha campaña de castración de animais. Con ela pretende garantir o benestar das mascotas ao tempo que axuda a manter a orde social.

     

    O goberno pobrense continúa coa súa labor na defensa dos dereitos dos animais, nesta ocasión promovendo unha campaña de esterilización, que busca concienciar sobre as vantaxes que a castración dos animais pode ter para a súa saúde. Ademais de pensar na saúde física e mental dos animais, mediante a castración podemos evitar o sacrificio e abandono da milleiros de cans e gatos ao ano.  A campaña “Unha decisión responsable”, terá lugar do 4 de outubro ao 31 de decembro. Durante este tempo os interesados poderán acceder a prezos reducidos, ata nun 10 por cento, no servizo de esterilización das súas mascotas no Hospital Veterinario Ramiro Tubío  Poden informarse no teléfono 881 163 821.