POBRA > O Xefe de Obras da Deputación da Coruña, Bernardino Rama, supervisou na Pobra as estradas dependentes do ente provincial.
Durante a visita, o deputado comprometeu unha nova actuación, consistente no fresado e pavimentación da estrada de Cabío a Riomorto.
Esta obra, xa comprometida pola Deputación da Coruña, verase complementada coa substitución das canalizacións, xa obsoletas, que deberá ser acometida polo concello. Tamén se estudará a dotación de beirarrúas dende a Ponte de San Antonio ata o cruce da igrexa, nun tramo aproximado de 150 metros, para incrementa-la seguridade viaria.
Mellora da seguridade
Esta obra virase sumar a outras que a Deputación xa ten en marcha no concello pobrés como a mellora da seguridade na estrada de Santa Cruz, dende Colo da Arca a Aldea Vella.
O deputado provincial, Bernardino Rama, na compaña do enxeñeiro da Deputación, Vicente Berrocal, o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras e o concelleiro de Obras, Xosé Manuel Castro, tivo ocasión de comprobar ‘in situ’ o ritmo a que marchan os traballos. Esta actuación contempla un notable incremento do ancho dos carrís, así como a dotación de beirarrúas, nun inteeto de garantir a seguridade tanto dos vehículos como os peóns que a diario transitan por esta concurrida vía.
Colaboración veciñal
Bernardino Rama quixo agradecer a gran colaboración veciñal que permitiu acometer este proxecto coa maior axilidade posto que non foi preciso recorrer á expropiación.
Durante toda a xornada, o deputado provincial tivo ocasión de visitar outras estradas dependentes da Deputación, e tomou nota das revindicacións realizadas polo mandatario pobrés para mellora-las infraestruturas viarias en prol dunha maior calidade de vida dos cidadáns.
{flowplayer}barbanza/visitaxefeobras.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza